Saturday 04 de May de 2024

O Punto Limpo das Somozas implanta desde o 1 de abril un novo horario para a recollida de voluminosos


• Este servizo de balde pretende facilitar á veciñanza a correcta xestión dos residuos xerados nos fogares.

• O teléfono de solicitudes para a recollida é o 981 404 101 (ext.1) e os voluminosos poderán entregarse no Punto Limpo Municipal os venres, en horario de 15:00 a 18:00 h

O Concello das Somozas implanta desde o vindeiro 1 de abril un novo horario para a recollida de voluminosos no Punto Limpo Municipal. Así, as persoas interesadas poderán entregar os seus voluminosos os venres, en horario de 15:00 a 18:00 horas.

Este servizo gratuíto pretende facilitar á veciñanza a correcta xestión dos residuos xerados nos fogares. O teléfono de solicitudes para a recollida é o 981 404 101 (ext.1).